sábado, 10 de marzo de 2018

ASÍ SOMOS NÓS

Este trimestre os alumnos de 1ºESO estiveron involucadros nun proxecto de Lingua Galega no que descubriron cousas moi interesantes.
En primeiro lugar tiveron que situar nun mapa de España os lugares onde se fala galego fora das nosas fronterias da comunidade.
A seguinte tarefa foi, con axuda dun  atlas , situar e aprender os diferentes lugares dos diferentes continentes onde se fala galego-portugués e onde hai Seminarios de Lingua Galega.


Durante esta tarefa , os rapaces descubriron que sabían moi pouco sobre a situación do galego no mundo, para poder aclararse pasaron a ver un vídeo onde aprenderon que no mundo había cinco mil linguas e que a primeira lingua utilizada por número de falates era o chinés, a segunda o español, e o galego? Pois por moi incríble que pareza , ocupamos o número 136! É como para sentirnos orgullosos, tendo en conta que hai cinco mil.
Pois a partir de agora pasaron do xeral ao particular e a tarefa seguinte foi achegarnos ao mundo de cada un e sacalo a relocer. Sacaron dúas fotos que significaban algo para eles e fixeron unha descrición obxectiva e outra subxectiva da mesma foto.
A tarefa final foi facer unha exposición oral das mesmas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario