viernes, 6 de marzo de 2020

COÑECES ESTA LENDA?


Neste segundo trimestre coñecimos moi de preto o que era un mito e unha lenda, e é por iso que o noso pequeno proxecto xirou arredor das lendas galegas máis coñecidas.
A nosa primeira tarefa foi distinguir e comparar o que era un mito e o que era unha lenda. 
Logo chegou o momento da investigación, e así soubemos que Galicia é un pais de lenda, temos lendas para explicar o nome dos sitios, lendas relacionadas coa auga, outras explican construccións, nomes de monstros,tesouros....


 O seguinte paso foi contar a lenda aos compañeiros, Cada equipo tiña un tipo de lenda diferente e así todos coñeceron lendas diferentes. Coñeceron a lenda da ponte de Pontedeume, das herbas de Xan Xoan, a historia de Xan o pirata, a historia da fábrica de arames da Capela......







Con este pequeno proxecto os rapaces aprenderon un pouco máis da mitoloxía galega, algo que forma parte de nós, aprenderon a resumir e sobre todo a expresarse de forma oral na nosa lingua.







No hay comentarios:

Publicar un comentario