miércoles, 3 de noviembre de 2021

CATÁSTROFES NATURAIS: O VOLCÁN DE CUMBRE VIEJA.

 

Acabamos estes días na materia de Xeografía un proxecto sobre as catástrofes naturais que comezou hai unhas semanas co estudo de casos puntuais de efectos de erupcións de volcáns, terremotos e tsunamis no mundo. Analizamos imaxes da falla de San Andrés, presenciamos tremores en México ou Chile e as súas consecuencias nos edificios e estudamos o tsunami de Xapón e o do sudeste asiático con fragmentos da película “Lo imposible” de J.A Bayona.



Pero o 19 de setembro sorpendeunos o inicio da erupción do volcán de Cumbre Vieja en La Palma e como non podía ser doutra maneira tiñamos que estudalo. Dada a cantidade de información que manexamos a diario nos xornais e medios de comunicación, decidimos que o traballo consistiría en simplificar e dar resposta a 10 preguntas importantes presentando as nosas conclusións nun póster ou mural vistoso e fácil de entender para todos. Algúns optaron por presentalo en cartulina e outros utilizaron o programa Canva. Analizamos así erupcións previas, o tipo de volcán ao que nos enfrontamos, consecuencias para o entorno, para a poboación e as infraestruturas e cambios a curto e longo prazo na formación da illa. Estes son algúns exemplos:









Como todos xa sabedes, acabamos esta proposta sumándonos á campaña “Unha carta, un sorriso” enviando as nosas misivas de ánimo e solidariedade aos alumnos dos colexios de Los Llanos de Aridane, unha das poboacións máis afectadas pola destrución provocada pola lava.







No hay comentarios:

Publicar un comentario