martes, 21 de enero de 2020

DESASTRES NATURAIS E CAMBIO CLIMÁTICO

O clima está cambiando e nós non podemos ignoralo. Traballamos estes días as catástrofes climáticas en Xeografía e Historia desde diversas frontes. O obxectivo final era abordar problemas como a sequía, as inundacións, os furacáns ou os incendios centrándonos neste último caso nos que están a sufrir hai meses en Australia. Os rapaces investigaron en internet por que se producen e cales son as consecuencias destes desastres e buscaron imaxes que ilustraran os sucesos.

Furacáns e incendios


Ademais, un grupo achegounos á figura de Greta Thunberg, a nena que está visibilizando a loita contra o cambio climático nos últimos tempos e outro amosounos desde un punto de vista pesimista como pode acabar a terra e os seus habitantes se non hai medidas a tempo que poidan frenalo.




 Greta Thunberg

Inundacións


Tras atopar datos relevantes e facer un pequeno informe, a parte final consistía en facer unha noticia para un telexornal  onde eles serían os reporteiros destacados nas zonas afectadas.



 A sequía/Como será o futuro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario