miércoles, 12 de mayo de 2021

CASO ABERTO: EXPEDIENTE TUTANKAMÓN (XEOGRAFÍA E HISTORIA)

Exipto é un dos temas favoritos que ten a Historia de 1º para os rapaces. Faraóns, momias, trampas, xeroglíficos, deuses  e grandes misterios desa civilización da que queda moito por coñecer centraron estas últimas semanas os nosos estudos e un pequeno proxecto.

Para indagar un pouco nun dos seus episodios máis controvertidos, decidimos reabrir un caso pechado hai anos: a morte do faraón Tutankamón. Como investigadores trataríamos de coñecer datos da súa vida que puideran servir para esclarecer as causas da súa morte traballando con diversas hipóteses.

No transcurso das pesquisas atopamos numerosas probas que poden axudar a resolver o misterio pero tivemos que facer fronte a ameazas e mensaxes que intentaban calarnos.

Se queredes botar unha ollada, buscade no arquivo policial “Expediente Tutankamon”.














No hay comentarios:

Publicar un comentario