sábado, 18 de marzo de 2017

POETIZANDO

Durante o segundo trimestre, vímonos inmersos no mundo da poesía. Grazas a este proxecto descubrimos que a poesía é fermosa e que todo o que nos rodea é poesía. Para chegar a esta conclusión explicaremos paso a paso todo o que fixemos, que foi moito!

En primeiro lugar realizamos un "vexo-penso-pregúntome", na nosa pizarra había un texto en prosa e outro poético.
Logo fixemos una chuvia de ideas para definir o que era poesía despois da reflexión do paso anterior.




En segundo lugar comprobamos que as letras das cancións son poesías e que mesmo se conteñen soamente sons, tránsmítennos sentimentos e tamén son poesía. Con esta reflexións construímos os nosos poemas de sons, vexamos un exemplo:
En terceiro lugar, e como dixemos ao inicio desta noticia, todo o que nos rodea é poesía, nós demostrámolo traendo fotos do noso  pequeño mundo , ese mundo co que nos identificamos e nos define como persoas:



O seguinte paso foi moi divertido, tradicionalmente dise que a poesía ten que ter rima, pois ben, entre toda a clase dixemos palabras que rimaban as unhas coas outras, e con estas palabras tivemos que crear un poema. Aquí está un deses poemas:
A tarefa seguinte foi crear un acróstico co noso nome, o acróstico debía definir as nosas características:
Unha das etapas máis divertidas tamén tiña que ver cos nosos nomes, pois consistía en facer pareados con eles:
A seguinte etapa levounos un pouco de máis tempo, pois consistía en crear un Limerick, é non é nada fácil, o primeiro verso ten que falar da persoa a quen llo dedicas, o segundo e terceiro verso definilo e no cuarto, esaxerar o que dis no primeiro:
Agora toca falar de todas as figuras literarias que aprendimos neste proxecto: foron moitas e variadas, e despois de realizar exercicios rutinarios sobre elas, tivemos que plasmalas nun debuxo para comprobar que as entendimos:



Parece que rematamos o proxecto, non si? Pero non, queda o máis importante, a creación da nosa propia REGUEIFA, pero para iso debedes esperar, estamos a ultimala e presentarémola nun video ben xeitoso, así que paciencia e a seguir léndonos.
Graciñas

No hay comentarios:

Publicar un comentario