miércoles, 25 de marzo de 2020
MON ARBRE GÉNÉALOGIQUE
Durante este trimestre , na materia de Francés de 1º ESO, traballamos o vocabulario da familia e os posesivos e, que mellor maneira de demostrar que o sabemos que facer a nosa árbore xenealóxica.
Pendant ce trimestre, dans la matière de Français 1º ESO, on a travaillé le vocabulaire de la famille et les possessifset, quelle merveilleuse manière de l'exposer qu'en faisant nôtre arbre généalogique.
viernes, 6 de marzo de 2020
COÑECES ESTA LENDA?
Neste segundo trimestre coñecimos moi de preto o que era un mito e unha lenda, e é por iso que o noso pequeno proxecto xirou arredor das lendas galegas máis coñecidas.
A nosa primeira tarefa foi distinguir e comparar o que era un mito e o que era unha lenda.
Logo chegou o momento da investigación, e así soubemos que Galicia é un pais de lenda, temos lendas para explicar o nome dos sitios, lendas relacionadas coa auga, outras explican construccións, nomes de monstros,tesouros....
O seguinte paso foi contar a lenda aos compañeiros, Cada equipo tiña un tipo de lenda diferente e así todos coñeceron lendas diferentes. Coñeceron a lenda da ponte de Pontedeume, das herbas de Xan Xoan, a historia de Xan o pirata, a historia da fábrica de arames da Capela......
Con este pequeno proxecto os rapaces aprenderon un pouco máis da mitoloxía galega, algo que forma parte de nós, aprenderon a resumir e sobre todo a expresarse de forma oral na nosa lingua.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)