martes, 21 de enero de 2020

DESASTRES NATURAIS E CAMBIO CLIMÁTICO

O clima está cambiando e nós non podemos ignoralo. Traballamos estes días as catástrofes climáticas en Xeografía e Historia desde diversas frontes. O obxectivo final era abordar problemas como a sequía, as inundacións, os furacáns ou os incendios centrándonos neste último caso nos que están a sufrir hai meses en Australia. Os rapaces investigaron en internet por que se producen e cales son as consecuencias destes desastres e buscaron imaxes que ilustraran os sucesos.

Furacáns e incendios


Ademais, un grupo achegounos á figura de Greta Thunberg, a nena que está visibilizando a loita contra o cambio climático nos últimos tempos e outro amosounos desde un punto de vista pesimista como pode acabar a terra e os seus habitantes se non hai medidas a tempo que poidan frenalo.




 Greta Thunberg

Inundacións


Tras atopar datos relevantes e facer un pequeno informe, a parte final consistía en facer unha noticia para un telexornal  onde eles serían os reporteiros destacados nas zonas afectadas.



 A sequía/Como será o futuro?

lunes, 13 de enero de 2020

QUI EST-CE?

La première tâche importante des  éléves de 1º ESO, au premier trimestre, a été de connaître plusieurs personnages de bandes dessinées francophones.

A primeira tarefa importante dos alumnos de 1º ESO, no primeiro trimestre, foi coñecer diferentes personaxes das bandas deseñadas francófonas.

Tout d'abord, ils ont fait une pluie d'idées pour savoir quels personnages devaient être dans leur tâche. Il faut dire qu'ils connaissent très peu de bandes dessinnées.

A primeira tarefa foi unha chuvia de ideas para coñecer que personaxes estarían na súa tarefa. Hai que dicir que coñecen poucas bandas deseñadas.

Après , ils ont fait une intéressante recherche, et ils ont découvert que la plupart des bandes dessinnées francophones étaient belges.

Despois, os rapaces fixeron unha interesante investigación e descubriron que a meirande parte das bandas debuxadas francófonas eran de nacionalidade belga.

Les éléves ont été repartis en couples, le même que les differents personnages.

Os alumnos foron repartidos en parellas , o mesmo que os diferentes personaxes.

Et c'est comme ça qu'ils ont construit la carte d'identité des differents personnages.

E foi así como construíron a casta de identidade dos diferentes personaxes.

Voilà le résultat.
Aqui tedes o resultado.
Pitufina-Schtromphette


Obélix

Papá Pitufo- Grand Schtroumph

Boule

Pitufo Gruñón- Schtroumpf Grognon

Fantasio

Tintin

Astérix