Acabamos estes días na materia de Xeografía un proxecto sobre as catástrofes naturais que comezou hai unhas semanas co estudo de casos
puntuais de efectos de erupcións de volcáns, terremotos e tsunamis no mundo.
Analizamos imaxes da falla de San Andrés, presenciamos tremores en México ou
Chile e as súas consecuencias nos edificios e estudamos o tsunami de Xapón e o
do sudeste asiático con fragmentos da película “Lo imposible” de J.A Bayona.
Pero o 19 de setembro
sorpendeunos o inicio da erupción do volcán de Cumbre Vieja en La Palma e como
non podía ser doutra maneira tiñamos que estudalo. Dada a cantidade de
información que manexamos a diario nos xornais e medios de comunicación, decidimos
que o traballo consistiría en simplificar e dar resposta a 10 preguntas
importantes presentando as nosas conclusións nun póster ou mural vistoso e
fácil de entender para todos. Algúns optaron por presentalo en cartulina e outros utilizaron o programa Canva. Analizamos
así erupcións previas, o tipo de volcán ao que nos enfrontamos, consecuencias
para o entorno, para a poboación e as infraestruturas e cambios a curto e longo
prazo na formación da illa. Estes son algúns exemplos:
Como todos xa sabedes, acabamos
esta proposta sumándonos á campaña “Unha carta, un sorriso” enviando as nosas
misivas de ánimo e solidariedade aos alumnos dos colexios de Los Llanos de
Aridane, unha das poboacións máis afectadas pola destrución provocada pola
lava.
No hay comentarios:
Publicar un comentario