martes, 5 de abril de 2022

IMOS DE VIAXE?

 



As vacacións de Semana Santa están ao caer e o alumnado de 1º de ESO poñen moito máis fácil elixir destino vacacional.

Empezaron este trimestre traballando a descrición de lugares, e que mellor tarefa que facer un folleto turístico das súas poboacións favoritas. Debían investigar onde se atopaban esas vilas, describilas, comentar o que ver e facer alí e por suposto onde comer e durmir. E velaquí as súas propostas, tendes onde elixir.


 Alba e Ines acercáronos ata o Grove, e coñecimos o bonito mirador de Siradela, fixemos unha excursión por Sálvora e mesmo practicamos pádel surf na Lanzada.



Jimena e Alba leváronos ás Illas Cíes, así aprendimos os nomes das tres illas que as conforman: Monteagudo, do Faro e San Martín.



Martín e Adán percorreron con nós as Pontes, acercándonos aínda máis a un municipio tan próximo e tan descoñecidos para algúns. Falaron da Lagoa artificial, da Central de carbón, do museo Monte Caxado e de todas as festas coas que conta este Concello.


Con Aroa e Paola descubremos Ribadeo, paraíso das construcións coloniais e de fermosas praias como a das Catedrais.


Da man de Antía e Sofía percorremos A Garda, municipio da provincia de Pontevedra e onde se atopa o poboado celta se Santa Tegra.



Hugo Oreiro e Hugo Suárez presentaron a cidade de Ourense e os seus atractivos máis salientables como as Burgas e a súa gastronomía.



Itsaso e o seu compañeiro Álex fixeron un percorrido interesante por Ribeira, así coñecemos a importancia do seu porto pesqueiro, as inmensas praias de grandes dunas e todo o que se pode facer nun pobo mariñeiro como Ribeira.




E o último destino foi presentado por Rubén e Héctor, non é outro que Santiago de Compostela, que case non necesita promoción do importante que é. Falaron do patrimonio cultural da cidade así como da gastronomía e o lecer que ofrece a vila , capital de Galicia.


Este foi un traballo moi agradecido, pois os rapaces estaban moi implicados na materia e gustoulles desde o primeiro momento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario