miércoles, 9 de noviembre de 2016

CÓNTAME UN CONTO

Os alumnos de 1º de ESO están a descubrir todo o que atingue ao mundo dos contos grazas a un proxecto titulado "Cóntame un conto".
Todos eles coñecian o queera un conto, pero tiñan que ordenar as ideas e profundar sobre os elementos do conto para poder construír un.
Houbo chuvia de ideas sobre os elementos dun conto, visionaron "O sapo e o raposo", e a partir de aquí fixeron un mapa mental o cal explicaron ao resto dos seus compañeiros.
O seguinte paso foi escribir unha sipnose dun conto por equipo. Despois da lectura de todos os traballos, elixiron o que lles parecía máis interesante e agora  están a realizar distintas versións dun mesmo conto como se facía antes cando a transmisión era de forma oral de xeración en xeración.
Máis tarde  veremos os resultados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario