viernes, 18 de noviembre de 2016

E.........CONTARON UN CONTO!

Como xa se dixo nunha entrada anterior, os alumnos de 1º de ESO, na materia de Lingua Galega, estiveron a facer un proxecto sobre o conto.
O mellor dos contos é que hai que contalos, así que estes intrépidos escritores foron polas aulas dos seus compañeiros de E.P para deleitalos cos seus contos.
Pero estes esixentes receptores, escoitaron e tomaron moi boa nota do que eles dicían, pois debían de avalialos despois da sesión.
Foron momentos moi entrañables e divertidos. Volveremos con máis creación literarias tendo tan bo público.
Aquí vos deixamos algún momentos dos "contacontos"


Os alumnos de 5º querían saber máis!

Os rapaces de 6º querían tamén participar!

Os meniños de 2º de E.P eran os verdadeiros expertos en contos

Os nenos de 3º de EP estiveron atentísimos

No hay comentarios:

Publicar un comentario