domingo, 5 de febrero de 2017

QUE VOS PARECEU?


Como sabedes estamos inmersos no programa Educación Responsable (Fundación Botín - Barrié-Xunta de Galicia) e dentro das nosas actividades orientadas á autoestima, puxémonos como obxectivo preparar unha coreografía e unha obra de teatro para despois presentarnos a unha especie de concurso de talentos cun xurado moi riguroso, os nosos propios compañeiros.

Durante tres sesións de titoría fomos autónomos, organizándonos, falando, ensaiando e xestionándonos os tempos para que na última sesión todo estivera perfecto. Eles decidiron que un grupo bailaría e outro levaría a escea unha adaptación propia do conto de Caperucita. 

Cal era o propósito? Moitas veces tendemos a non recoñecer os méritos alleos e por iso, ao rematar a representación, cada un de nós debía avaliar o rendemento nos ensaios e na actuación de cada un dos integrantes dos dous equipos. A conclusión foi moi boa pois todos valoraron o esforzo e puxeron altísimas calificacións. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario