domingo, 28 de mayo de 2017

TUTANKAMÓN, CASO PECHADO


A morte de Tutankamón, o faraón novo, é un dos enigmas da historia exipcia. Por se podíamos axudar a dar un pouco de luz convertémonos hai uns días en sagaces policías en busca de respostas. Co expediente nas mans, recompilamos probas que apareceron cando Howard Carter descobre a súa tumba, fotografías que se deron a coñecer anos máis tarde da momia e dos enxovais atopados, probas médicas e incluso un xeroglífico indescifrable no que ninguén ata o momento reparara.
Así, fixemos as nosas hipóteses dos feitos despois de investigar tamén outras mortes debidas a unha suposta maldición que afectaba a todo aquel relacionado coa profanación da súa tumba. Desafortunadamente, tivemos que pechar o caso sen ningunha proba concluínte. 
O misterio continúa...





No hay comentarios:

Publicar un comentario