jueves, 30 de noviembre de 2017

QUEN PASA A MAROLA PASA A MAR TODA

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO 1º ESO: QUEN PASA A MAROLA PASA A MAR TODA

A visita á costa de Dexo e aos faros de Mera foi a primeira actividade do proxecto “Quen pasa a Marola pasa a mar toda” no que os alumnos de 1º da ESO estivemos inmersos durante este primeiro trimestre. O traballo interdisciplinario que involucraba ás materias de Bioloxía, Xeografía e Lingua Galega presenta en forma de libro un estudo da fauna e flora particular dese hábitat da costa galega regado cos versos e a prosa da nosa imaxinación. Porque ademais, un dos nosos obxectivos nesta proposta era amosar que con ingredientes e particularidades científicas tamén se  pode facer literatura.
En todo este tempo, fomos ata a impresionante paisaxe de Oleiros para percorrela paseniño, fixemos cartafoles coas nosas propias fotografías que adornan o noso corredor, contemplamos por exemplo como a herba de namorar medra tamén nos cantís en fronte da Marola, como o refrán que da titulo ao noso proxecto é case unha verdade científica e decatámonos de que preto da casa existen lugares ás veces descoñecidos que son marabillosos. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario