Chegamos
ao final do proxecto “Quen pasa a Marola pasa a mar toda” que englobaba as
materias de Bioloxía, Lingua Galega e Xeografía e Historia de 1º ESO. Foi un
traballo de investigación e creación literaria que tiña como obxectivo afondar no entorno do
Monumento Natural da costa Dexo-Serantes (Oleiros).
Na
primeira parte en Xeografía delimitamos o
lugar a estudar: as súas coordenadas, a superficie e a categoría de espazo
protexido no que se atopa dentro dos parques naturais de Galicia. Descubrimos por exemplo que os faros de Mera son torres de enfilación que marcan o camiño aos barcos
que entran no porto da Coruña, os perigos da Marola e a orixe do Seixo Branco.
Como tiñamos material fotográfico da nosa saída, fixemos unha recompilación e
un concurso coas mellores imaxes.
Na
parte de Bioloxía, a cada alumno correspondeulle realizar unha investigación de
forma individual sobre as especies que habitan nesta costa. O resultado estaría
plasmado nunha ficha que formaría parte dun dos produtos finais do proxecto, un ficheiro. Cando visitamos un parque natural observamos paneis informativos que nos achegan a aspectos salientables deses lugares. Esta foi a nosa seguinte tarefa, elaboralos para describir a flora e a fauna desta paisaxe. Neles atopamos imaxes de seres vivos co nome en galego e
en latín, xa que así é como se coñecen estas especies no ámbito científico.
Para finalizar o proxecto tocaba a parte de creación literaria en Lingua Galega. Comezamos estudando as características dun pareado, un terceto, un cuarteto ou un soneto e puxémonos a facer os nosos poemas que deberían conter recursos literarios inspirados e adicados á fauna e flora de Dexo. O resultado final é un precioso poemario que podedes ver completo no seguinte enlace e na exposición que preparamos para o corredor.
https://s3.amazonaws.com/online.pubhtml5.com/nxkx/aarb/index.html
https://s3.amazonaws.com/online.pubhtml5.com/nxkx/aarb/index.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario